Conversaciones conmigo mismo

Búsqueda


Galerías

Algunas de mis fotos
Ver todas


Calendario

« mayo 2011 »
lunmarmiéjueviesábdom
      
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
hoy

$pageModel.customWidgetHTML

 

 

Adios Rios; Adios Fontes...

sábado 07 mayo 2011

                              Adeus, ríos; adeus, fontes;

adeus, regatos pequenos;

adeus, vista dos meus ollos;

non sei cando nos veremos.

 

Miña terra, miña terra,

terra onde me eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei.

 

Prados, ríos, arboredas,

pinares que move o vento,

paxariños piadores,

casiña de meu contento.

 

Muiño dos castañares,

noites craras de luar,

campaniñas trimbadoras,

da igresiña do lugar.

 

Amoriñas das silveiras

que eu lle daba o meu amor,

caminiños antre o millo,

¡adeus, para siempre adeus!.

 

¡Adeus gloria! ¡ adeus, contento,!

¡Deixo a casa onde nacín,

deixo a aldea que conozo,

por un mundo que non vin!.

 

Deixo amigos por extraños,

deixo a veiga polo mar,

deixo, en fin, canto ven quero...

¡Quén poidera non deixar...!

 

mais son probe e, !Mal pecado¡,

a miña terra non e miña,

que hastra lla dan de prestado

a beira por que camiña

o que naceu desdichado.
 

Teñovos, pois, que deixar,

hortiña que tanto amei,

fogueiriña do meu lar,

árboriños que prantei,

fontiña do cabañar.

 

Adieus, adeus, que me vou,

herbiñas do camposanto

donde meu pai foi enterrado,

herbiñas que biquei tanto,

terriña que nos criou.

 

Adeus, Virxen da Asunción,

branca como un serafín;

levovos no corazón,

Pedidelle a Deus por min,

Miña Virxen da Asunción.

 

Xa se oien lonxe, muy lonxe,

as campanas do Pomar;

para min, ¡ai! coitadiño,

nunca máis han de tocar.

 

Xa se oien lonxe, mais lonxe...

Cada balada e un dolor;

voume soio sin arrimo...

Miña terra, ¡adeus!, ¡adeus!.

 

¡Adeus, tamén, queridiña...!

¡Adeus, por sempre quizas...!

Digoche este adiós chorando

dende a beiriña do mar.

 

Non me olvides, queridiña,

si morro de soidas...

Tantas legoas mar adentro...

¡Miña casiña¡, !meu lar!.

Rosalia de Castro.

 






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado