Conversaciones conmigo mismo

Búsqueda


Galerías

Algunas de mis fotos
Ver todas


Calendario

« mayo 2011 »
lunmarmiéjueviesábdom
      
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
hoy

$pageModel.customWidgetHTML

 

 

Defensa Da Lingua

sábado 07 mayo 2011

 E dirialles mais: Prohibiste-lo galego nas escolas pra producir no espritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facendolles creer que falar galego era falar mal e que falar castelan era falar ben. Expulsaste-lo galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo, explicaran o Evanxelio no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendia ben. Refugaste-lo galego ante os tribunais de xustíza e chegastes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu?, porque despóis de máis de catro seculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencia, o noso idioma esta vivo. Sodes, póis uns imperialistas fracasados.

Algúns galegos de boa fé coidan que o cultivo do noso idioma é unha impedimenta de traballo na inmigración, Máis eu quero invitalos a meditar:   ¿Pensades que a nosa terra pode seguir a ser un criadeiro de carne human, pra enviar as americas en paquetes teutóns?.

Porque o noso dereito está en asegura-lo dereito a o traballo remunerado, pra que ningún irmán noso emigre por necesidade. ¿Pensades que os galegos poden seguir andando polo mundo a ofreceren indignamente a mercancia dos séus lombos e dos seus brazos?. Porque o noso deber está en dotar ó pobo dunha instrucción primaria, profesional e técnica, que lle permita ser digno en toda-las partes, e en todas partes atopa-las avantaxes que se lles ofrecen a un inglés, a un alemán... ¿Ou e que na emigración resulta superior un castelán a un galego por falar unha língoa máis extensa?.

A superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se dí é no que se fái. Algúns homes galegos tamén andan a falaren dún idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escala zoolóxica, seica sentíren envexa das formigas. Son os mesmos que perderon o ancéio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabeduria. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Máis eu digolles, que a variedade de idiomas, coa sua variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, é o que nos fai superiores a ós animáis. Velaí vai a demostración: Un can de Turquia oubea igoal que un can de Dinamarca; Un cabalo das Pampas Arxentinas rincha igoal que un cabalo da Bretaña.¿E sabes por que? porque os pobres animais ainda estan no idioma universal...Un idioma non nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola predisposición Psicoloxica dun pobo, que en condicións históricas favorables, crea unha cultura e a sua correspondente maneira de expresión. Porque un idioma e o corpo sensible dunha cultura, e todo atentado a lingua peculiar dun pobo, representa un atentado a sua cultura peculiar. Mais os pobos teñen unha forza máxica, invulnerable, e por eso as nacións asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou podense convertire en parasitos da cultura dominante; pero endexamáis se deixan asimilar.

O problema do idiona en Galicia, e póis, un problema de dignidade e liberdade; pero máis ca nada e un problema de cultura. Estamos fartos desta cultura esterelizada que nos fan mamar por biberón.

Nos queremos mama-la cultura na propia teta. Pedimos garantías legais pra o desenrolo natural do noso esprito, poque queremos volver a presentarnos dignamente no mundo, levando nas mans o ouro da nosa cultura (sabeduria manifestada) para ofrendarllo ó cervo espiritual da humanidade.

 Daniel Alfonso Rodriguez Castelao

.

 






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado