Conversaciones conmigo mismo

Búsqueda


Galerías

Algunas de mis fotos
Ver todas


Calendario

« mayo 2011 »
lunmarmiéjueviesábdom
      
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
hoy

$pageModel.customWidgetHTML

 

 

Romance da Lingua Galega

sábado 07 mayo 2011

                                                                                   I

Miñas donas e señores, nenos vellos e medianos,

esta historia verdadeira, xa escomenza cos romanos.

Era unha vez unha terra, que Galaecia era chamada,

onde habia moitas tribus, nunha idade antepasada.

Fabricaban xoias de ouro, de fina ouriverseria,

mais as lingoas ignoramos, pois ningunha se escrivia.

Chegaron despois de Roma, xentes ben organizadas,

que gañaron esta terra, polas armas esforzadas.

Asentaronse os romanos, en cidades que fixeron,

e os antigos poboadores, dos seus castros descenderon.

II

Mesturaronse os dous pobos, vencidos e vencedores,

e o cabo dun certo tempo, non quedaron mais rencores.

Os romanos posuian, unha avanzada cultura,

e adiantaron moito as artes, o comercio y a agricultura.

Falaban istes romanos, a ilustre lingua latina,

e o cabo dun certo tempo, Galiza por sua a tiña.

Media Europa, e mais ainda, falaban Latín daquela,

coma Horacio e coma Ovidio, coma Plauto e Columéla.

Mais de todos e sabido, que a lingua que se falaba,

non era o Latín escrito, aunque moito se asemellaba.

III

Latín vulgar era a fala, na que entonces se entendia,

dende o Miño ata o Danubio, canta xente ali vivia.

Desfeito o Imperio Romano, polas armas dos xermanos,

a lingua foise rompendo, porque todo vai mudando.

Neste extremo de Occidente, xa a fala se diferencia,

do que falan en Italia,en Romenia e en Florencia.

Xa non podemos chamarlle, lingua Latína a esta fala,

e chamamoslle Galego, pra poder diferenciala.

Toda a xente desta terra, sen ningunha distinción,

fala nesta nova lingua, que e o idioma da Nación.

IV

Os clerigos ainda escriben, na antigua lingua romana,

pero o pobo non a entende, pois xa queda ben lonxana.

Ala polo mil douscentos, a lingua que hoxe falamos,

encomenza a ser escrito, por Poetas e Notarios.

Falan a lingua galega, Reis, labregos e señores,

e os abades dos Mosterios, e os soldados e os Doutores.

Unha grande poesia, cantase a o son das violas,

polas prazas de Santiago, por Toledo e por Lisboa.

Agres cantigas de escarnio, doces cantigas de amores,

resplendian coma xemas, no cantar dos trobadores.

V

Rei Alfonso de Castela, cantaba a Santa Maria,

coas palabras mais fermosas, que na nosa terra habia.

Rei Denis de Portugal, o amigo da agricultura,

na nosa lingua cantaba, con extremos d dulzura.

Martin Codax o de Vigo, Airas, Nunes e Mandiño,

decian os seus cantares, nas terras que baña o Miño.

Pedro Meogo trobaba, do cervo que a auga volvia,

con tales belidos decires, que os sentidos suspendia.

A luz mais bela de Europa, resplandia en Compostela,

coma as terras de Occitania, de onde viña tanta estrela.

VI

Histórias de cabaleiros, e miragres de Santiago,

en galego se cantaban, as fazañas dos troianos.

E ordenanzas se escribian, e cronicas e tratados,

e os acordos dos concellos, en galego eran labrados.

Mais despois tempos viñeron, que Galicia esmorrecia,

porque nobres e señores, cometeron felonia.

Viñeron xentes de fora, xentes de dentro marcharon,

a lingoa da nosa xente, nos escritos olvidaron.

Galiza foi sometida, polo xugo de Castela,

e os que mandan en Galiza, non falan na lingua dela.

VII

Pero as xentes desta terra, columna do noso pobo,

non deixan de ser galegos, nin falan idioma novo.

Artesans e mariñeiros, e burgueses e labregos,

levan no peito Galiza, e nos beizos o galego.

En Santiago canta o galo, lore o facho na Coruña,

e en Ourense, Vigo e Lugo, dase nova testemuña.

A enseña da Democracia, ten o blason en galego,

e nas fabricas e nas aulas, soa a lingoa dos antergos.

Mozos sabios e patriotas, ordean a lingua nosa,

fana culta e ordenada, fana loxica e fermosa.

VIII

Entra a lingoa nas escolas, e se ainda non e señora,

ten dereitos proclamados, inda que ten mais a de afora.

Xa se fala nos lugares, onde lle era antes vedado,

inda que hai quen a discute, porque hai moito desligado.

Inda hai pois que son contrarios, a que aprendan os seu fillos,

sexa porque o pensan, ou que os movan catro pillos.

Este noso antigo idioma, e unha lingua de cultura,

e é vergoña pra un galego, non falala con soltura.

" O galego que non fala, na lingua da sua terra,

nin sabe o que ten de seu, nin e merecente dela."

IX

E tan altas empresas, de feitos tan honrrosos,

que en Galiza percuraban, un abrente esplendoroso.

Castelao e Vilar Ponte, Bobeda, Otero Pedrayo,

¡que gran xente aquela xente, que esplendor estraordinario.!

No trinta e seis o Estatuto, fixo un pouco de xustiza,

recoñecendo o galego, coma lingua de Galiza.

Pero a guerra fracticida, desfixo toda esperanza,

e a vida de moita xente, de imborrable relembranza.

Foron anos de silencio, de persecución e pranto,

a longa noite de pedra, enchia os peitos de espranto.

X

Novos poetas cantaron, contaron os narradores,

e a longa noite de pedra, clarexaba con fulgores.

Galaxia, O castro, Castrelos, editaban en galego,

e a Patria de novo xurdia, e empeza a ve-lo cego.

O seu esprito altivo, preludiaba o nacemento,

das mil flores que serian, o noso resurdimento.

Añon, Pintos e Camiño, e outra xente que escribia,

na vella lingua galega, preludiaba a Rosalia.

Rosalia a gran poeta, recobrou a dignidade,

da lingoa que todo o pobo, gardara na adversidade.

XI

Don Manuel Curros Enriquez, palabra de aceiro fino,

canta a luz e o progreso, neste idioma campesino.

Lengua de ouro nos facia, Pondal o bardo do pobo,

cantando os fastos antigos, e un futuro libre e novo.

De entre todo-los poetas, a historia nos escribia,

e fundaba o noso orgullo, aquel bo Manuel Murguia.

Fundaron unha Academia, e as Irmandades da fala,

que naceron na Coruña, pra honrala e ensalzala.

Inda que os Obispos da fora, manden rezar noutras lingoas,

a xente fala a sua, Galiza non sufre mingua.

XII

Asi van pasando os anos, anos a ducias e centos,

e moitos anos mais tarde, fala o bo Martin Sarmiento.

Padre Sarmiento o bieito, non quere de fora un crego,

nin oficial de xustiza, que non fale en bo galego.

Douscentos anos pasaron, desque escriviu este frade,

e inda todo o que el queria, dista ben de ser verdade.

na lingoa dos devanceiros, e ninguen se avergoñaba.

Pero enseguida empezaron, as xentes acomodadas,

a pensar que era mais finas, as palabras importadas.

XIII

Galicia xa tiña fendas, xa o seu corpo se crebaba,

polo mor dos desleigados, que a sua lei non lle gardaban.

Pero habia peitos nobres, que pensaban doutro modo,

e aunque en Carral os mataron, nunca os mataron de todo.

Asi falaba un poeta, doutro tempo deste asunto,

e agora vai sendo tempo, de poñer a historia a punto.

Esta historia e diferente, doutros romances de cegos,

non se sabe inda o remate, pois depende dos galegos.

Nenos, homes e mulleres, desta terra adormentada,

rematouse xa o romance, escoitade a pandeirada.

XIV

¿ Arriba pobo galego, arriba lingoa galega,

que se morre a nosa fala, non hai pobo nin hai terra?

 






Enviar un comentario

nombre:
correo electrónico:
url:
Su comentario:

sintaxis html: deshabilitado